Blockchain semella ligado dende o seu nacemento ao Código Aberto ou Open Source, pero realmente isto é relevante? Si! Si porque hai moitas diferenzas, algunhas ata curciais, respecto ao tipo de licenzas con que os códigos son "abertos". Hainos que son máis ca abertos, os libres, hainos moi laxos que permiten o uso de patentes ou seren pechados á vontade da direción do proxecto, hainos pensados para a comunidade outros máis cara as empresas. Ou máis básico aínda, que son as licenzas?

Queres ter unha base legal para decidires por ti cal proxecto ou licenza che interesa? Daquela vente porque terás ese coñecemento imprescindible para tomar as túas propias decisións, sexan de investimento ou desenvolvemento tecnolóxico.
Roberto Brenlla (@brenlla): https://twitter.com/brenlla?s=09 explicarános todo isto e máis!

There are no comments. Be the first one!

Centro sociocultural O Castiñeriño