Se pensas que pillar Blockchain dende un punto de vista técnico é complicado, facelo dende un punto de vista legal xa é unha cousa louca. Por iso propoñemos esta charla a dúo entre profesionais de recoñecido prestixio, onde poderedes aprender as catro ideas básicas e algunha máis de regalo se queredes iniciarvos no apaixoante mundo do Blockchain.
Bárbara Román, CEO de NoLegalTech, falará sobre os aspectos legais dos negocios construídos con blockchain, as financiacions de unicornios (tamén chamadas ICO's), as proxeccións reais (e non tan reais) desta tecnoloxía en España e alrededores, as criptomoedas e os criptomichos, e aconsellaravos sobre os profesionais cos que contar nestes casos.
Anxo Barreiro, Director do departamento de Fiscalidade de BV Asesores, falará sobre os aspectos fiscais destes activos, explicará a situación de empresas e investidores en criptomoedas fronte os inspectores de Facenda, compartirá experiencias cos interesados e dará pequenos consellos para evitar grandes blockproblemas.
Agardámosvos o próximo 25 de maio en Compostela
There are no comments. Be the first one!